Visualizacións de páxina totais

domingo, 1 de novembro de 2020

SAMAÍN

 Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno.

Nós, como os nosos ancestros celtas, continuamos coa tradición do Samaín. Eles durante este período non podían saír do pobo, pois nesa noite, as ánimas dos finados volvía visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. Nestes días seguimos honrando os defuntos con flores no cemiterio e co noso recordo; e tamén, inventando e lendo contos que teñen que ver cos defuntos, as pantasmas e demais seres do máis alá. 

Como apunte final a esta festa celta, hai que mencionar unha curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura e agora tallamos cabazas imitando caveiras.

Aquí vos deixamos unhas videomontaxes da festa no cole. Pronto colgaremos tamén o vídeo dos vosos contos de medo e poderedes lelos axiña na biblioteca.





Grazas pola vosa participación! Parabéns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario