Visualizacións de páxina totais

domingo, 15 de novembro de 2020

Primeiras tarefas do PDI

Dentro do Proxecto Documental Integrado (PDI) deste curso "Pontedeume a nosa vila", o pasado mes visitamos a exposición realizada polo Concello por mor do 750 aniversario de Pontedeume como vila.

Recollimos moito do alí aprendido nun libro composto polos  textos realizados individualmente por todo o alumnado.O volume  quedará na biblioteca para compartir con toda a Comunidade Educativa as súas vivencias e coñecementos adquiridos nesta 1º actividade do PDI.

Logo de documentarnos sobre a historia da nosa vila e sobre o tempo en que esta se fundou, realizamos Cantigas a imitación das Medievais. 

Cada un fixo a súa e gravamos unha de cada clase que recompila unha estrofa de cada unha das Cantigas dos rapaces e rapazas das dúas aulas.

Cantiga de 5ºA


Aquí están as composicións de todo o alumnado de 5ºA



Cantiga de 5º B "Pontedeume vila é"


Aquí tedes tamén todas as de 5ª B!


 
 
Agora as gravacións das cantigas de cada clase. 
Quedaron ben chulas, non si?
 

domingo, 1 de novembro de 2020

Actividades refuerzo:

Xa estamos no tema 2 e para completar o traballo do libro deixámosvos xogos interactivos de todas as materias que vos axudarán a aprender xogando.

 Empezamos con moita marcha matemática:



Imos á natureza...


Literatura Galega:

 Vimos de visitar a Exposición da fundación de Pontedeume como vila hai 750 anos, en tempos de Alfonso X o Sabio. Este rei é coñecido tamén por ser o autor de Cantigas Medievais, As Cantigas de Santa María, en galego- portugués, lingua culta da corte de Castela naqueles tempos. Escritas para ser cantadas aquí vos deixamos unha dela acompañada con instrumentos da época.



Entre todos e todas imos imitar aos trobadores medievais e escribir cantigas, no galego actual, que teñan que ver coa nosa vila, a súa fundación, os seus habitantes, edificios, costumes...  Unha cantiga feita na honra de "Pontedeume, a nosa vila".
Ollade cantigas feitas por nenos e nenas coma vós:




Ide pensando, farémolas en clase, entre todos e todas conseguirémolo!

E un ben interesante sobre a Música Medieval, xa que imos facer cantigas como os trovadores para que os xoglares canten nas terras dos Andrade...


En Castelán imos repasar a acentuación. Le na imaxe e despois no vídeo adiántate ás respostas...









Que tal, acertaches moitas?

En Sociais imos profundizar na Idade Medieval, cando se fundou Pontedeume e reinou Alfonso X, O Sabio.
Ollade un vídeo que fixeron no colexio de Ares, está ben chulo, canto traballo e que ben feito, non?


Agora un video con ficha para enviar:







Agardamos que atoparades nesta escolma actividades que vos sirvan para pasar un bo rato aprendendo.

SAMAÍN

 Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno.

Nós, como os nosos ancestros celtas, continuamos coa tradición do Samaín. Eles durante este período non podían saír do pobo, pois nesa noite, as ánimas dos finados volvía visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. Nestes días seguimos honrando os defuntos con flores no cemiterio e co noso recordo; e tamén, inventando e lendo contos que teñen que ver cos defuntos, as pantasmas e demais seres do máis alá. 

Como apunte final a esta festa celta, hai que mencionar unha curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura e agora tallamos cabazas imitando caveiras.

Aquí vos deixamos unhas videomontaxes da festa no cole. Pronto colgaremos tamén o vídeo dos vosos contos de medo e poderedes lelos axiña na biblioteca.





Grazas pola vosa participación! Parabéns!