Como ben víchedes, no libro en galego temos 7 fonemas vogálicos, dous máis que no castelán. Agora, coa axuda destes vídeos, imos aprender a diferenzar o seu son. Poñede moita atención e amodiño iremos colléndoo. Non é doado, mais coa axuda de Dígocho eu! conseguirémolo;
Visualizacións de páxina totais
martes, 28 de setembro de 2021
xoves, 23 de setembro de 2021
INFORMACIÓN E-DIXGAL
INFORMACIÓN
PARA AS FAMILIAS (FOLLETO INFORMATIVO CURSO 2021-22)
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/folleto_edixgal_21_22.pdf
SOPORTE PREMIUM
O proxecto E-Dixgal conta cun equipo de soporte específico
(Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias relativas a centros,
familias e profesorado.
As canles de contacto que dispoñen os usuarios son as
seguintes:
Email: soporte.premium@edu.xunta.es
Teléfono:
881 86 90 00
WhatsApp: 604 06 78 56
Telegram: @Serciciopremiumedixgal
SEGURO
As familias que así o desexen poden contratar de xeito voluntario
un seguro anual (válido desde setembro de 2021 ata agosto de
2022), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na
garantía.
O custo anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e a
súa contratación pode realizarse directamente a través do número de teléfono 881
505 136.
martes, 21 de setembro de 2021
Vivindo a actualidade: Os volcáns
Aínda non chegou o xornal á nosa aula pero a actualidade sempre busca por onde entrar...Hoxe falamos do que está a pasar na illa da Palma, da actividade volcánica, de cando chegará a lava ao mar, cando cesará a actividade sísmica, etc.
Aquí vos deixamos ligazóns para seguir pescudando, agardamos que vos sexan útiles.
| Preme e infórmate. |