Visualizacións de páxina totais

xoves, 28 de abril de 2022

Día Internacional da Danza

 En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como Día Internacional da Danza. A data escollida corresponde ao  natalicio do bailarín e coreógrafo Jean- Georges  Noverre.


O obxectivo do Día Internacional da Danza é homenaxear á danza como unha disciplina de arte universal e diversa, reunindo a todos os que elixiron esta forma de expresión sen barreiras culturais, políticas e éticas.

 

A danza unha das artes incluída no PDI deste curso e unha arte de dificil acceso nunha vila pequena como a nosa e non podiamos perder a oportunidade que nos brindou a celebración do Día da Danza no veciño concello de Narón.

Desprazamonos ao Pazo de Cultura de Narón para presenciar o espectáculo de danza contemporánea GAIA, nun pase  especial para os colexios  por mor desta conmemoración.

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa.

É unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais.

É un encontro didáctico co que entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente."

O Pazo estaba cheo de xente miúda que nos pestanexou mentres presenciaban o desenvolvemento da obra. Voltamos encantados! 


Unhas imaxes para o recordo:


mércores, 27 de abril de 2022

O Maio

 Practicade na casa a cantiga para acompañar o noso maio. Cantarémola mentres facemos o venres o maio e tamén os que o domingo vaiamos ao concurso do concello.


                         “ O Maio”

Para facer este maio tivemos que ir a roubar

o fiúncho e máis as flores a casa de Ferradás.

O fiúncho e máis as flores a casa de Ferradás,

para facer este maio tivemos que ir a roubar.


Ai la la la la, ai lalelo ai lalá.

Para facer este maio tivemos que ir a roubar


Aí vén o maio por detrás de San Francisco

Aí vén o maio cargadiño de penisco.

Aí vén o maio pola rúa do convento.

Aí vén o maio de roubar o monumento.

Chegou o día de vivir a festa na escola, trouxemos verde e flores e  seleccionámolos. Entre 5º e 6º fixemos un maio ben grande e bonito. Mentres os outros ciclos facían os seus, tamén marabillosos.
 Ao tempo que fixemos o maio ensaiamos a cantiga para o domingo cantala por toda a vila acompañando o noso maio, mentres lle dicimos ao público: " Dános algo para o Maio?"




Aquí vedes a actividader desta mañá no cole para facer o Maio de 5º e 6º, coa forma cónica tradicional e procurando utilizar plantas autóctonas.



Animádevos a vir o domingo, podedes traer algunha flor para substituir as que estean murchas.
Boa fin de semana e feliz Festa do Maio!




xoves, 21 de abril de 2022

O século XX

 

 Preparamos un  libro de lapelas sobre a arte no século XX.

Para recoller información podedes utilizar o aprendido na saída a A Coruña,  o tema correspondente do libro de texto, documentarvos na biblioteca, na rede de internet ou neste blog.

A estrutura do traballo  será a seguinte:

Na portada:

  • Título ( Buscade o voso título e rotuládeo  dun xeito vistoso).
  • Índice
  • Fontes de información.
  • Autores e data
No interior:
  • Información xeral S. XX.
  • España no S. XX.
  • Arquitectura S. XX.
  • Antonio Tenreiro, a súa obra.
  • Escultura S. XX.
  • As esculturas do Xardín de Méndez Núñez.
  • Pintura no século XX.
  • Téxtiles artísticos.

Ollade este vídeo para coller  ideas sobre a execución do libro de lapelas.



 Procurade  reflectir os  coñecementos sobre o tema dunha maneira clara e  atractiva para transmitirllos ao resto da clase e a todo o  cole na exposición final do PDI.