Preparamos un libro de lapelas sobre a arte no século XX.
Para recoller información podedes utilizar o aprendido na saída a A Coruña, o tema correspondente do libro de texto, documentarvos na biblioteca, na rede de internet ou neste blog.
A estrutura do traballo será a seguinte:
Na portada:
- Título ( Buscade o voso título e rotuládeo dun xeito vistoso).
- Índice
- Fontes de información.
- Autores e data
No interior:
- Información xeral S. XX.
- España no S. XX.
- Arquitectura S. XX.
- Antonio Tenreiro, a súa obra.
- Escultura S. XX.
- As esculturas do Xardín de Méndez Núñez.
- Pintura no século XX.
- Téxtiles artísticos.
Ollade este vídeo para coller ideas sobre a execución do libro de lapelas.
Procurade reflectir os coñecementos sobre o tema dunha maneira clara e atractiva para transmitirllos ao resto da clase e a todo o cole na exposición final do PDI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario