Visualizacións de páxina totais

sábado, 30 de outubro de 2021

FESTAS DE OUTONO

 VÍDEOS LINGUA DE SIGNOS

Brinca Vai! é un libro-cd con doce cancións compostas e interpretadas polo músico Paco Nogueiras. David Pintor elaborou as ilustracións.

"Brinca Vai!, proponnos unha viaxe musical ao longo dos 12 meses do ano, cantando e bailando temas vencellados coa natureza, a amizade, a lingua galega, os xogos populares ou as festas tradicionais.

Para celebrar  o Samaín no noso centro, o alumnado de  Valores Cívicos e Sociais de  sexto realizou os seguintes vídeos da canción " No Samaín" en lingua de signos. Esta actividade foi  traballada ao fío dos conceptos de empatía, solidaridade e  integración tratados no grupo.

 

 O día 29 de outubro festexamos o Samaín na escola. Achegando caveiras realizadas coa colaboración das familias, lendo ás escuras contos de medo na "Hora de ler", visitando a exposición de caveiras de todos os cursos e a exposición  de acrósticos coa temática do outono realizados por todo o alumnado do centro.

Aquí tedes un resumo da actividade nas nosas aulas:


Chegou San Martiño...Festa rachada comendo castañas e xogando ao peón. Magosto e Día do Peón en todo o cole o 11 de novembro. 
Ollade unha videomontaxe realizada polos profes das TIC, S


luns, 11 de outubro de 2021

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Complementando a nota enviada nestas datas, colgámosvos esta presentación.

PRESENTACIÓN

 Para máis información tedes no seguinte enlace a programación deste curso 21/ 22.

PROGRAMACIÓN



mércores, 6 de outubro de 2021

Tempo de outono:


Si, xa está aquí:
"Outono chegou 
marrón e amarelo.
Outono chegou
follas secas espallou"

 

Cantan os meniños xogando á roda, mais agora que xa somos grandes imos contarlle aos máis pequenos e pequenas  da escola moitas cousas sobre a estación que estamos a comezar, sobre os seus froitos, as súas festas, etc.



Realizaremos en grupo  murais onde poñamos  a información máis relevante sobre o outono, o Samaín, o xogo do peón, os cogomelos que están a nacer nos nosos bosques...

Pescudade nestas páxinas que escollimos para vós (Accedede premendo nas ligazóns) ou noutras fontes para facer o voso cartaz. O cartel debe responder ás  preguntas que vos fagades sobre o tema que tratedes. 

Primeiramente acordade que aspectos  ides investigar e logo de repartide o traballo, (importante, ten que participar todo o grupo), pasade ao cartaz aquilo que vexades fundamental e interesante para contestar cada cuestión que vos fagades. Coidade a presentación, letra lexible, con bo tamaño e sen faltas de ortografía, cores atractivas...

O OUTONO:
Que sabemos do outono? Cando e por que comeza e remata? Que é o equinocio? É igual en todos os sitios do noso país? E en todos os lugares do mundo, existe o outono? Por que caen as follas? Cal é a festa máis típica desta estación na nosa zona? Que máis ocorre no outono?...



Mentres podedes poñer esta música para acompañar o voso traballo:





E como remate desta actividade seguro que atopades un tempiño para xogar ao tempo que comprobamos os nosos coñecementos desta estación.



O SAMAÍN:


Unha das tradicións festivas do outono é o Samaín. Se ides facer o cartaz sobre esta festa para dála a coñecer non teredes que esquecer falar da súa orixe, a tradición en Galicia, é o mesmo que o Halloween ou non, e haberá que saber das cucurbitaceas, non? e de como se converte unha cabaza en caveira...

 Logo de ter toda a información pasade a que vos pareza máis relevante ao voso poster sobre esta festa para colgado no corredor e que a todos os que o lean lles quede ben claro que é o SAMAÍN.









OS PEÓNS:                                                      

Cada ano na nosa escola cando chega o outono as nenas e os nenos traedes peonzas para xogar no patio;mais hai un día en que facemos a festa do peón; adoita ser, se o tempo o permite, polo San Martiño, 11 de novembro,  día en que tamén facemos o magosto.
 Este curso o alumnado de 5º e 6º ides responsabilizarvos de facer posters onde acheguedes información sobre as buxainas: Tipos , como se bailan, distintos nomes do xoguete e tamén nomes das súas partes, refráns ...
 Poñede toda a información que consideredes importante para que tod@s vaiamos á festa do peón ben preparad@s e informad@s. Coidade a presentación!!







OS COGOMELOS:

Completaremos a nosa colección de carteis cun cartaz sobre os cogomelos, xa que agora comeza o tempo de ir ao bosque a collelos, sempre con unha persoa experta. 
Mais, que tipo de ser vivo é un cogomelo ?, cales son as súas partes? , fungos ou cogomelos? , cantos tipos coñecemos? , que debemos saber antes de ir a por cogomelos?...













Aquí vos deixamos un vídeo con información sobre o Reino dos Fungos que pode axudarvos na vosa investigación:




A pescudar!!! Veredes canto aprendemos, lembrade recoller nos vosos carteis só o máis importante e dunha maneira clara e vistosa. 

luns, 4 de outubro de 2021

Para practicar...

Imos deixar nesta entrada recursos para reforzar as aprendizaxes dos temas que estamos a tratar na clase:


Naturais:

Esta semana teremos unha charla na que nos han falar entroutros temas da puberdade, do sexo, da reprodución... Nesta ligazón teredes información, xogos, test de autoavaliación, etc.
Nas nosa clase o 7 e  8 de outubro tivemos  OBRADOIROS DE SEXUALIDADE EN IGUALDADE impartidos por sabela Maceira do gabinete da sexóloga Martina González Veiga. Traballamos a comunicación asertiva, a posta de límites e a negociación para garantir as relacións desexadas libres de coacción e violencia. A educación sexual comeza dende a infancia e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, as relaccións que se establecen cos demais, o xénero, a diversidade sexual, o pracer...





E comezamos coa FÍSICA!!!












Sociais:









Matemáticas: