Cantan os meniños xogando á roda, mais agora que xa somos grandes imos contarlle aos máis pequenos e pequenas da escola moitas cousas sobre a estación que estamos a comezar, sobre os seus froitos, as súas festas, etc.
Realizaremos en grupo murais onde poñamos a información máis relevante sobre o outono, o Samaín, o xogo do peón, os cogomelos que están a nacer nos nosos bosques...
Pescudade nestas páxinas que escollimos para vós (Accedede premendo nas ligazóns) ou noutras fontes para facer o voso cartaz. O cartel debe responder ás preguntas que vos fagades sobre o tema que tratedes.
Primeiramente acordade que aspectos ides investigar e logo de repartide o traballo, (importante, ten que participar todo o grupo), pasade ao cartaz aquilo que vexades fundamental e interesante para contestar cada cuestión que vos fagades. Coidade a presentación, letra lexible, con bo tamaño e sen faltas de ortografía, cores atractivas...
Mentres podedes poñer esta música para acompañar o voso traballo:
E como remate desta actividade seguro que atopades un tempiño para xogar ao tempo que comprobamos os nosos coñecementos desta estación.
O SAMAÍN:
Unha das tradicións festivas do outono é o Samaín. Se ides facer o cartaz sobre esta festa para dála a coñecer non teredes que esquecer falar da súa orixe, a tradición en Galicia, é o mesmo que o Halloween ou non, e haberá que saber das cucurbitaceas, non? e de como se converte unha cabaza en caveira...
Logo de ter toda a información pasade a que vos pareza máis relevante ao voso poster sobre esta festa para colgado no corredor e que a todos os que o lean lles quede ben claro que é o SAMAÍN.
OS PEÓNS:
Cada ano na nosa escolacando chega o outonoas nenas e os nenos traedes peonzas para xogar no patio;mais hai un día en que facemos a festa do peón; adoita ser, se o tempo o permite, polo San Martiño, 11 de novembro, día en que tamén facemos o magosto.
Este curso o alumnado de 5º e 6º ides responsabilizarvos de facer posters onde acheguedes información sobre as buxainas: Tipos , como se bailan, distintos nomes do xoguete e tamén nomes das súaspartes, refráns ...
Poñede toda a información que consideredes importante para que tod@s vaiamos á festa do peón ben preparad@s e informad@s. Coidade a presentación!!
OS COGOMELOS:
Completaremos a nosa colección de carteis cun cartaz sobre os cogomelos, xa que agora comeza o tempo de ir ao bosque a collelos, sempre con unha persoa experta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario