Visualizacións de páxina totais

xoves, 10 de decembro de 2020

Nadal

 Este ano van ser unhas festas diferentes, non teremos festival mais si teremos actuación, que gravaremos o venres 18 e unha despedida chea de actividades especiais o martes 22.

Lembrade que o venres para o baile ademais de moita marcha deberedes traer roupa escura, preferiblemente negra: medias ou pantalóns, camiseta ou xerseis.

Aquí queda a cantiga para que ensaiedes na casa con moito ritmo  agora que xa sabedes moi ben os pasos do baile:


 RECOMENDACIÓNS LECTORAS:

Un ano máis chega o tempo de inverno e con el o tempo de estar na casa ao abrigo. Este ano ademais de abrigarnos do frío e dos temporais toca gardarnos da pandemia que aínda se resiste a deixar a nosa vila, polo que teremos máis tempo para estar na casa e soñar co mil e un mundo que nos agardan nos libros.

Güino recoméndanos: libros de misterio, de aventuras, de fantasía...; en galego, castelán, inglés e francés; libros para  os máis pequenos e para os maiores. Libros para toda a familia que xa enchen o moble de novidades da nosa biblioteca para que lles poidades botar un ollo antes de pedilos como agasallo nestas festas.




Cada aula poderá miralos no noso "Xardín do Paastempo" , sempre presentándoos o titor ou titora na súa hora de biblioteca ou  ben achegar a mestra ou o mestre os libros que vaia presentar ás aulas. 


Preme nas imaxes para ter máis información dos libros para os clubs de lectura de 4º, 5º e 6º de Primaria.


                 ç


Xa remata o trimestre e con el chegan unhas vacacións de nadal distintas. Probablemente teredes amizades ou familiares cos que en anos anteriores compartíades mesa e mantel por Noiteboa, Nadal, Ano Vello, Aninovo, Reis,etc. e que este ano por cuestións de seguridade non poderemos xuntarnos, bicarnos, darnos apertas...
Seguro que lles fará moita ilusión recibir na súa caixa de correo   unha nadaliña feita por vós. 
Aquí tedes unha proposta para que a fagades na clase a mensaxe e a imaxe da vosa postal. Logo na casa poderedes facer cantas precisedes!
 É un costume marabilloso de Nadal que achega os nosos desexos aos que non poden estar con nós, cada ano e é especialmente útil este ano tan peculiar...




Preme para ver máis modelos.


Ollade que chulas quedaron as que fixemos en clase. Deben estar a chegar aos  enderezos das vosas amizades e familias.





















E aquí tedes as autoras dos calendarios de peto de 5º de E.Primaria para 2021





Remata a preparación do Nadal na escola e comeza o Nadal en familia.
Agardamos que pasedes Boas Festas e que o 2021 faga posible que poidamos voltar a darnos apertas, bicos, xuntarnos para facer festivais cheos de teatro, cantos e ledicia. Desexámossvos o mellor para vós e as vosas familias.
Xa están  as actuacións de fin de trimestre, diferentes a outros anos pero tamén cheas de marcha e ilusión. 





Felices Festas!

2 comentarios: