Visualizacións de páxina totais

venres, 19 de febreiro de 2021

Máis xogos matemáticos

Este xogo proponnos poñer en práctica o cálculo mental. O obxectivo é despexar todos os números da pantalla. Para iso debemos atopar os dous números, ou máis, que sumados dan como resultado o número que se nos indica. Se os atopamos, estes desaparecen da pantalla.


Agora operacións combinadas a tope de velocidade.



E xa que estamos no libro coas unidades de lonxitude...Proba con este xogo!




xoves, 11 de febreiro de 2021

 LAZO PARA A QUEMA DO ANTROIDO

Imos facer un lazo para a queima do ANTROIDO.



Recordade que tedes que dobrar ben e marcalo moi ben para que teñades un bonito lazo.

MOITO ÁNIMO!!!!!!



Agora que estamos rematando as vacacións de Entroido e que seguro tedes o lazo ou outras prendas de loito para a "Queima do Entroido" deixámosvos unhas fotos e unha videomontaxe para que lembredes o vivido na escola neste carnaval tan diferente.
















O xoves, á volta de vacacións finalizamos a festa coa "Queima do Antroido":


mércores, 10 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


O 11 de febreiro de cada ano, celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia proclamado pola ONU no ano 2015. O obxectivo principal deste día tan especial, é lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xéneros.

Actualmente, nalgúns países do mundo, existe unha loita de xéneros, onde aínda á muller négaselle a participación en disciplinas como a tecnoloxía, as ciencias ou as matemáticas, só por enumerar algunhas.

Por esta razón, este día foi decretado, para darlle voz e un lugar, ás mulleres e ás nenas en todo o planeta e que teñan un rol protagonista en certas áreas da ciencia, que resultan esenciais para o desenvolvemento humano.

En 2021, a lema para o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia é o seguinte: "As mulleres científicas, líderes na loita contra o COVID".

Aqui tedes uns videos 






Entroido!

 Estaredes xa buscando por casa roupas para o disfraz medieval, non é?

Este ano como ben sabedes seremos eumeses medievais, daqueles que habitaban a nosa vila nos tempos dde Afonso X o Sabio ou dos Andrade.

Haberá desfile e Torneo Medieval! Aquí vos deixamos a invitación.

Ánimo!


Bo Entroido!