Visualizacións de páxina totais

domingo, 20 de xuño de 2021

Prensa escola 5º B

 

 O noso cole leva anos recibindo cada mércores a prensa escrita para 5º e 6º de primaria.

 Prensa-Escuela é unha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O obxectivo do programa é axudar aos escolares a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa, ofrecerlles un libro de texto sempre actualizado e, de forma complementaria, fomentar o uso das novas tecnoloxías nas aulas.

Neste terceiro trimestre, logo de traballar durante todo o curso con este periódico, o alumnado de 5º redactou unha "Carta ao Director" da Voz de Galicia para expoñer as súas opinións sobre o uso do galego no xornal.



 Fíxolles moita ilusión vela publicada o Día das Letras Galegas e decidiron elaborar un diario con todas as seccións  en galego. Aquí nos deixan o resultado!





venres, 18 de xuño de 2021

Para ler no verán!

 Aquí tedes a ligazón coa páxina da biblioteca onde podedes ver a información sobre os libros que vimos de mirar na biblioteca. Encargade algún para este verán, aos papás e mamás ou na biblioteca municipal.



Boas vacacións!

domingo, 13 de xuño de 2021

venres, 11 de xuño de 2021

SENDEIRISMO !!!

O ALUMNADO E PROFES  DE 5º DE PRIMARIA IMOS FACER UNHA RUTA DE SENDEIRISMO .SAIREMOS CEDIÑO DA ESCOLA PARA CAMIÑAR POLA COSTA, DENDE PONTEDEUME ATA O CONCELLO DE FENE, PASANDO POR CABANAS.




CRUZAREMOS A PONTE DE PEDRA SOBRE O EUME, DEIXANDO ÁS NOSAS COSTAS A VILA DE PONTEDEUME.



ENTRAREMOS EN CABANAS POLO PIÑEIRAL, BEN PRETO DA PRAIA DA MADALENA.


CRUZAREMOS UN PEQUENO BOSQUE CON  SALGUEIROS, SOBREIRAS, PIÑEIROS, CARBALLOS, CASTIÑEIROS, LOUREIROS E OUTRAS ÁRBORES AUTÓCTONAS. TAMÉN VEREMOS OUTRAS ÁRBORES PROCEDENTE DOUTROS PAÍSES COMO AS ACACIAS E OS EUCALIPTOS. PREMEDE NOS NOMES PARA ILAS COÑECENDO.
 VEREDES QUE BONITO CON TODAS AS FOLLAS NOVAS NADAS NESTA PRIMAVERA!!!


E AXIÑA OLLAREMOS A CALA DE CHAMOSO, AÍNDA NO CONCELLO DE CABANAS.



 LOGO DE CRUZAR OUTRA PEQUENA FRAGA CHEGAREMOS A RÍO CASTRO, ONDE CHEGA AO MAR O REGO DE LARAXE ENTRE OS CONCELLOS DE CABANAS E FENE.
ALÍ PODEREMOS CONTEMPLAR OS RESTOS DUN MUIÑO DE MAREA.(SE PREMEDES NA IMAXE PODEREDES INFORMARVOS SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO).


LOGO XA EN FENE BAIXAREMOS XOGAR E TOMAR A PARVA  Á PRAIA DE ALMIEIRAS PARA TER  FORZAS PARA  O CAMIÑO DE VOLTA.


LEMBRADE VIR CON ROUPA E CALZADO CÓMODO, TRAER UNHA PARVA SAUDABLE E AUGA. TAMÉN Á VOLTA MERCAREMOS UN XEADO, NON TRAIADES MÁIS QUE 3€.

ESPEREMOS QUE O TEMPO ACOMPAÑE E POIDAMOS PASALO MOI BEN AO TEMPO QUE APRENDEMOS DA NOSA FERMOSA CONTORNA.



martes, 8 de xuño de 2021

 O NOSO XORNAL


Durante todo o curso, cada mércores, na hora de ler estivemos a traballar co xornal “La Voz de Galicia” Unha vez que o curso está para acabar, xa somos case “REPORTEIROS” e por iso elaboramos o noso propio xornal; incluíndo todas as seccións que contén un periódico. Aquí deixámosvos un vídeo sobre o noso exemplar.


 

 

luns, 7 de xuño de 2021

III Encontro Castelos de Area CEIP "Couceiro Freijomil"

Que fermoso día tivemos e que ben o pasamos!

Non foi un encontro como os anteriores, non puidemos facer grupos de nenos e nenas de diferentes idades, tivemos que estar separados pero nada impediu que pasáramolo xenial.

 Traballamos en grupo deseñando e realizando os castelos, unha vez rematados tomamos a parva e logo de recoller, aínda tivemos un tempo para xogar no piñeiral e logo,...  Volta para a escola que xa queda menos!

No Encontro de hoxe tamén estaban as aulas de 1º e de 3º. Este ano non houbo concurso, nesta actividade o  mellor premio foi o xogo o aire libre e  a experiencia de construir man con man.

 O como recordo desta bonita mañá deixámosvos  estas videomontaxes.