O noso cole leva anos recibindo cada mércores a prensa escrita para 5º e 6º de primaria.
Prensa-Escuela é unha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O obxectivo do programa é axudar aos escolares a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa, ofrecerlles un libro de texto sempre actualizado e, de forma complementaria, fomentar o uso das novas tecnoloxías nas aulas.
Neste terceiro trimestre, logo de traballar durante todo o curso con este periódico, o alumnado de 5º redactou unha "Carta ao Director" da Voz de Galicia para expoñer as súas opinións sobre o uso do galego no xornal.
Fíxolles moita ilusión vela publicada o Día das Letras Galegas e decidiron elaborar un diario con todas as seccións en galego. Aquí nos deixan o resultado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario