Visualizacións de páxina totais

luns, 6 de setembro de 2021

Benvid@s a 6º!

Xa voltamos das vacacións!!


Chegou setembro e xa estamos de volta. Este xoves día 9 co horario normal (8:45 13:45) regresaremos ás aulas con máis gañas de empezar este novo curso para facer máis cousas : Novos equipos, novo horario, novas pescudas arredor do PDI, novas experiencias...

Logo da posta en marcha, respectando o novo protocolo covid, teremos un día de lecer, facendo  a excursión de COMEZO DE CURSO!!  . Será o venres 17, se o tempo o permite.

O tempo estivo revolto pero poidemos sair e comprobamos "in situ" todo aquelo que tiñamos na nosa guía de árbores da nosa contorna. Mágoa que a choiva non nos permitira ver o muiño de Maré! Outro día, xa sabedes o camiño e podedes levar ás vosas familias. Seguro que seredes uns guías marabillosos!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario