Visualizacións de páxina totais

martes, 21 de decembro de 2021

Bo Nadal!

 Queremos despedir o trimestre con este vídeo no que participou todo alumnado do centro, profesorado e outros membros do comunidade educativa.  

 





                                                              



Os nosos mellores desexos para estas festas e un feliz e próspero 2022. 

Volvemos o luns 10 de xaneiro. 

Bo Nadal e feliz Aninovo!

sábado, 18 de decembro de 2021

O cínema, a 7ª arte

 

Chámase cinema, cine  ou cinematografía á tecnoloxía que reproduce fotogramas de forma rápida e sucesiva creando a chamada “ilusión de movemento”, é dicir, a percepción visual de que se asiste a imaxes que se moven. Tamén se lle di cinema ao edificio ou sala onde se proxectan as películas. 

Este curso dentro de +Arte imos tratar a 7ª arte, o cine. Antes de ver unha película imos informarnos un pouco de ideas xerais sobre o cinema:



A súa historia, curta comparada coa das outras artes:



Os elementos principais:



O cine como todas as artes ten a súa propia linguaxe.  As imaxes compoñen así unha nova forma de contar as cousas, de facer narracións e de expresar mensaxes.





 O cinema é un instrumento de comunicación de masas porque chega a todo o mundo, e de comunicación social porque nos axuda a coñecer mellor a nosa contorna, e a vivir coma se fosen propios os sentimentos e valores doutras persoas. 

En grupo fixemos traballos sobre o cínema, elexindo cada grupo os diferentes aspectos a tratar. Expuxémolos ao resto da clase e colgámolos no corredor para que tod@s poidamos informarnos.








A primeira película que imos tratar este curso é "El bosque animado" ( J.L.Cuerda). Este filme está baseado na novela escrita por Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964) sobre a vida nos bosques de Galicia. Esta novela é unha das máis poéticas e sensibles do famoso escritor e xornalista galego. A novela foi coñecida, desde que se publicou en 1943, como unha obra fundamental da literatura española. Grazas a ela viaxaremos ao século pasado e a un bosque veciño, a fraga de Cecebre.



Para saber un pouco daqueles tempos:



Preme AQUÍ para ter máis información.

Despois de ver a pelécula e de realizar unn coloquio sobre a mesma cumplimentamos a ficha onde demos a nosa opinión contestando a diferentes preguntas.



xoves, 16 de decembro de 2021

PDI +ARTE 1º Trimestre

 A comezos de curso para desenvolver  o Proxecto Documental Integrado sobre o que ía xirar a actividade das aulas atopámonos con  tres propostas ben atractivas : "O  Camiño de Santiago", "O Cinema e a Televisión" e "A Arte na Escola".

Xa dende o primeiro día comezamos coas pescudas sobre as distintas suxestións  e logo de estar ben informados e informadas votamos...













Saiu escollida a terceira opción ARTE ( PDI  + ARTE)



Nas nosas aulas xa fixeramos unha saída cultural para observar a paisaxe costeira da nosa contorna. Ao termos centrado en observar ás árbores  decidimos que tamén o PDI podía traballar as diferentes artes e a pegada que a natureza deixou nelas, comezando polas árbores a través da pintura, literatura,cine...




Vendo o cartaz do PDI elaborado pola biblioteca, fixemos os nosos propios carteis cos "eslogans" da nosa temática, utilizando a ferramenta "tucs paint" nos  nosos ordenadores persoais. Xuntandoos todos elaboramos un gran mural co nome do proxecto que nos servirá, ademais,  para expoñer parte dos nosos traballos.








O Día en contra da Violencia Machista  construimos entre todos e todas unha simbólica árbore empoderando o respecto e os valores cívicos.


Ao longo do trimestre e a través de  3 pintores impresionistas: Pissarro, Monet, e Sargent, e do modernista Klimt estamos a elaborar catro  cadernos en cada clase. Cada grupo (4, 5 ou 6 compoñentes) analiza o artista, a súa obra e época, o uso da cor e tamén a partir da observación do cadro escollido en cada caso no 2º trimestre  crearemos pequenas obras literarias traballando tanto o xénero dramático como a prosa  e a lírica. E nos achegaremos a eses dous movementos artísticos noutras artes:

Ao remate desta tarefa teremos en cada aula catro albumes sobre os autores e a súa obra que depositaremos na biblioteca logo de presentala ao resto da escola.







 





E chegou o tempo de nadal e  nas nosas aulas estudamos a abstracción pictórica. Inspirándonos na técnica xeométrica utilizada polos autores dese movemento, adornamos as portas das aulas.










Logo fixemos as nadaliñas para felicitar ás nosas familias e amizades utilizando a mesma técnica para decoralas.









E así chegamos a remates do trimestre adicándoo ao cine e iniciando o coñecemento desa arte co filme 
"O bosque animado". Xa vos contaremos!




Unicamente nos queda desexarvos... Un Nadal ben artístico!!!

martes, 7 de decembro de 2021

Nadal

Este Nadal imos facer unha árbore ben artística, como se merece o noso PDI.


Para facer o abeto primeiramente  imos coñecer a abstracción xeométrica para utilizala na nosa árbore. Tamén nos podemos informar ollando este vídeosobre a arte abstracta.  


Ou estoutro sobre Mondrian, un representante deste movemento artístico.

E logo de  informarnos comporemos un abeto cheo de liñas e cores. Ánimo decorade o voso triángulo, xuntándoos comporemos o noso abeto para a porta da aula! Podedes inspirarvos premendo  AQUÍ

Agora que xa fixemos en grupo unha árbore ben grande e fermosa, imos facer cada un para a súa nadaliña outro abeto tamén utilizando a mesma técnica baseada na arte ábstracta xeométrica. No interior pegaremoa a nosa felicitación para estas festas . 

Aquí vos deixamos un guión que vos pode axudar na redacción:



 Mirade este vídeo para decorar de inverno as ventás da nosa clase, da biblioteca, da casa...



Veña, a pasalo ben mentres poñemos ben bonita a aula!

Este curso, e xa van dous, non poderemos facer festival de Nadal por mor da pandemia. Pero facermos entre todos e todas as persoas do centro un lipdup, unha forma diferente de achegarnos ao Nadal na nosa escola ao tempo que practicamos unha nova maneira de facer arte... Para saber de que vai esta manifestación artística premede na imaxe

A nós tocounos parte de  dúas cantigas: unha panxoliña en galego e un villancico en español, preparemos "atrezzo" e bailes!!