Visualizacións de páxina totais

xoves, 16 de decembro de 2021

PDI +ARTE 1º Trimestre

 A comezos de curso para desenvolver  o Proxecto Documental Integrado sobre o que ía xirar a actividade das aulas atopámonos con  tres propostas ben atractivas : "O  Camiño de Santiago", "O Cinema e a Televisión" e "A Arte na Escola".

Xa dende o primeiro día comezamos coas pescudas sobre as distintas suxestións  e logo de estar ben informados e informadas votamos...













Saiu escollida a terceira opción ARTE ( PDI  + ARTE)



Nas nosas aulas xa fixeramos unha saída cultural para observar a paisaxe costeira da nosa contorna. Ao termos centrado en observar ás árbores  decidimos que tamén o PDI podía traballar as diferentes artes e a pegada que a natureza deixou nelas, comezando polas árbores a través da pintura, literatura,cine...




Vendo o cartaz do PDI elaborado pola biblioteca, fixemos os nosos propios carteis cos "eslogans" da nosa temática, utilizando a ferramenta "tucs paint" nos  nosos ordenadores persoais. Xuntandoos todos elaboramos un gran mural co nome do proxecto que nos servirá, ademais,  para expoñer parte dos nosos traballos.








O Día en contra da Violencia Machista  construimos entre todos e todas unha simbólica árbore empoderando o respecto e os valores cívicos.


Ao longo do trimestre e a través de  3 pintores impresionistas: Pissarro, Monet, e Sargent, e do modernista Klimt estamos a elaborar catro  cadernos en cada clase. Cada grupo (4, 5 ou 6 compoñentes) analiza o artista, a súa obra e época, o uso da cor e tamén a partir da observación do cadro escollido en cada caso no 2º trimestre  crearemos pequenas obras literarias traballando tanto o xénero dramático como a prosa  e a lírica. E nos achegaremos a eses dous movementos artísticos noutras artes:

Ao remate desta tarefa teremos en cada aula catro albumes sobre os autores e a súa obra que depositaremos na biblioteca logo de presentala ao resto da escola.







 





E chegou o tempo de nadal e  nas nosas aulas estudamos a abstracción pictórica. Inspirándonos na técnica xeométrica utilizada polos autores dese movemento, adornamos as portas das aulas.










Logo fixemos as nadaliñas para felicitar ás nosas familias e amizades utilizando a mesma técnica para decoralas.









E así chegamos a remates do trimestre adicándoo ao cine e iniciando o coñecemento desa arte co filme 
"O bosque animado". Xa vos contaremos!




Unicamente nos queda desexarvos... Un Nadal ben artístico!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario