Chámase cinema, cine ou cinematografía á tecnoloxía que reproduce fotogramas de forma rápida e sucesiva creando a chamada “ilusión de movemento”, é dicir, a percepción visual de que se asiste a imaxes que se moven. Tamén se lle di cinema ao edificio ou sala onde se proxectan as películas.
Este curso dentro de +Arte imos tratar a 7ª arte, o cine. Antes de ver unha película imos informarnos un pouco de ideas xerais sobre o cinema:
A súa historia, curta comparada coa das outras artes:
Os elementos principais:
O cine como todas as artes ten a súa propia linguaxe. As imaxes compoñen así unha nova forma de contar as cousas, de facer narracións e de expresar mensaxes.
O cinema é un instrumento de comunicación de masas porque chega a todo o mundo, e de comunicación social porque nos axuda a coñecer mellor a nosa contorna, e a vivir coma se fosen propios os sentimentos e valores doutras persoas.
En grupo fixemos traballos sobre o cínema, elexindo cada grupo os diferentes aspectos a tratar. Expuxémolos ao resto da clase e colgámolos no corredor para que tod@s poidamos informarnos.
A primeira película que imos tratar este curso é "El bosque animado" ( J.L.Cuerda). Este filme está baseado na novela escrita por Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964) sobre a vida nos bosques de Galicia. Esta novela é unha das máis poéticas e sensibles do famoso escritor e xornalista galego. A novela foi coñecida, desde que se publicou en 1943, como unha obra fundamental da literatura española. Grazas a ela viaxaremos ao século pasado e a un bosque veciño, a fraga de Cecebre.
Para saber un pouco daqueles tempos:
Preme AQUÍ para ter máis información.
Despois de ver a pelécula e de realizar unn coloquio sobre a mesma cumplimentamos a ficha onde demos a nosa opinión contestando a diferentes preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario