Visualizacións de páxina totais

xoves, 22 de outubro de 2020

Pontedeume en 10 furcos

 Vimos de realizar unha actividade para coñecer mellor a nosa vila, que centra o proxecto deste curso. 



Logo de coñecer o luns na visita á exposición polo 750 aniversario de Pontedeume como vila moito da súa historia( Pronto colgaremos os traballos realizados),





hoxe percorremos unha lonxitude aproximada de 10 furcos (1330 m.) cunha xincana na que transformamos o itinerario que moitos e moitas percorremos para ir á escola  nun xogo de 10 probas que nos axudou a coñecer os camiños á escola dentro do proxecto do Concello " Abrindo camiños".




Realizamos probas deportivas, de enxeño, coñecementos, habilidades e outras destrezas. Fixémolas, por seguridade, nos grupos burbulla que xa temos dentro das aulas, e o tempo acompañounos case ata o final.

Foi unha boa mañá ao aire libre coñecendo un pouco máis "Pontedeume, a nosa vila".

Aquí vos deixamos unha videomontaxe para o recordo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario