Visualizacións de páxina totais

domingo, 25 de outubro de 2020

Coñecendo a historia da vila

 O pasado luns 19 de outubro visitamos a exposición " Pontedeume, 750 anos construíndo historia" convidados polo Concello e animados pola mensaxe de Güino e o encargo de facer un album ilustrado sobre Pontedeume dentro do proxecto documental deste curso: "Pontedeume, a nosa vila".


A nosa guía foi Silvia que é historiadora e conduciunos con gran amabilidade polas salas da Casa da Cultura, onde está a exposición.

Na 1º sala vimos detalles sobre a fundación da vila en 1270, a carta fundacional, os privilexios e a importancia da ponte, das máis longas de España cando se construiu.





Na segunda sala coñecimos aos Andrade, as súas obras i estirpe; tamén vimos a importancia das Revoltas Irmandiñas e do papel protagonista da nosa vila  nun panel comentaban o papel da muller na historia eumesa que é pouco coñecido xa que a historia eumesa coma outras tantas a escriben os homes e para os homes...

Aprendimos moito sobre a forma da vila, a súa morfoloxía, e os cambios ao longo do tempo. Interesounos moito a muralla, as portas que tiña, por onde ía, o que queda dela...






Na cuarta sala vimos os oficios da nosa vila, o mar, a pel...Onde está o noso cole que había antes, quen foi o Arcebispo Raxoi, quen foi  Couceiro Freijomil e que fixeron...





Mais á saída ao patio aínda nos agardaban dúas grandes sorpresas: o porco bravo e o oso, símbolos dos Andrade pero moi anteriores a eles, da época celta! 



Foi unha visita moi completa e ben guiada por Silvia, moitas grazas!





Ningún comentario:

Publicar un comentario