Que fermoso día tivemos e que ben o pasamos!
Non foi un encontro como os anteriores, non puidemos facer grupos de nenos e nenas de diferentes idades, tivemos que estar separados pero nada impediu que pasáramolo xenial.
Traballamos en grupo deseñando e realizando os castelos, unha vez rematados tomamos a parva e logo de recoller, aínda tivemos un tempo para xogar no piñeiral e logo,... Volta para a escola que xa queda menos!
No Encontro de hoxe tamén estaban as aulas de 1º e de 3º. Este ano non houbo concurso, nesta actividade o mellor premio foi o xogo o aire libre e a experiencia de construir man con man.
O como recordo desta bonita mañá deixámosvos estas videomontaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario