Visualizacións de páxina totais

mércores, 10 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


O 11 de febreiro de cada ano, celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia proclamado pola ONU no ano 2015. O obxectivo principal deste día tan especial, é lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xéneros.

Actualmente, nalgúns países do mundo, existe unha loita de xéneros, onde aínda á muller négaselle a participación en disciplinas como a tecnoloxía, as ciencias ou as matemáticas, só por enumerar algunhas.

Por esta razón, este día foi decretado, para darlle voz e un lugar, ás mulleres e ás nenas en todo o planeta e que teñan un rol protagonista en certas áreas da ciencia, que resultan esenciais para o desenvolvemento humano.

En 2021, a lema para o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia é o seguinte: "As mulleres científicas, líderes na loita contra o COVID".

Aqui tedes uns videos 






Ningún comentario:

Publicar un comentario