VÍDEOS LINGUA DE SIGNOS
Brinca Vai! é un libro-cd con doce cancións compostas e interpretadas polo músico Paco Nogueiras. David Pintor elaborou as ilustracións.
"Brinca Vai!, proponnos unha viaxe musical ao longo dos 12 meses do ano, cantando e bailando temas vencellados coa natureza, a amizade, a lingua galega, os xogos populares ou as festas tradicionais.
Para celebrar o Samaín no noso centro, o alumnado de Valores Cívicos e Sociais de sexto realizou os seguintes vídeos da canción " No Samaín" en lingua de signos. Esta actividade foi traballada ao fío dos conceptos de empatía, solidaridade e integración tratados no grupo.
O día 29 de outubro festexamos o Samaín na escola. Achegando caveiras realizadas coa colaboración das familias, lendo ás escuras contos de medo na "Hora de ler", visitando a exposición de caveiras de todos os cursos e a exposición de acrósticos coa temática do outono realizados por todo o alumnado do centro.
Aquí tedes un resumo da actividade nas nosas aulas:
Chegou San Martiño...Festa rachada comendo castañas e xogando ao peón. Magosto e Día do Peón en todo o cole o 11 de novembro.
Ollade unha videomontaxe realizada polos profes das TIC, S
Ningún comentario:
Publicar un comentario