Visualizacións de páxina totais

mércores, 27 de abril de 2022

O Maio

 Practicade na casa a cantiga para acompañar o noso maio. Cantarémola mentres facemos o venres o maio e tamén os que o domingo vaiamos ao concurso do concello.


                         “ O Maio”

Para facer este maio tivemos que ir a roubar

o fiúncho e máis as flores a casa de Ferradás.

O fiúncho e máis as flores a casa de Ferradás,

para facer este maio tivemos que ir a roubar.


Ai la la la la, ai lalelo ai lalá.

Para facer este maio tivemos que ir a roubar


Aí vén o maio por detrás de San Francisco

Aí vén o maio cargadiño de penisco.

Aí vén o maio pola rúa do convento.

Aí vén o maio de roubar o monumento.

Chegou o día de vivir a festa na escola, trouxemos verde e flores e  seleccionámolos. Entre 5º e 6º fixemos un maio ben grande e bonito. Mentres os outros ciclos facían os seus, tamén marabillosos.
 Ao tempo que fixemos o maio ensaiamos a cantiga para o domingo cantala por toda a vila acompañando o noso maio, mentres lle dicimos ao público: " Dános algo para o Maio?"




Aquí vedes a actividader desta mañá no cole para facer o Maio de 5º e 6º, coa forma cónica tradicional e procurando utilizar plantas autóctonas.



Animádevos a vir o domingo, podedes traer algunha flor para substituir as que estean murchas.
Boa fin de semana e feliz Festa do Maio!




Ningún comentario:

Publicar un comentario