Visualizacións de páxina totais

xoves, 28 de abril de 2022

Día Internacional da Danza

 En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como Día Internacional da Danza. A data escollida corresponde ao  natalicio do bailarín e coreógrafo Jean- Georges  Noverre.


O obxectivo do Día Internacional da Danza é homenaxear á danza como unha disciplina de arte universal e diversa, reunindo a todos os que elixiron esta forma de expresión sen barreiras culturais, políticas e éticas.

 

A danza unha das artes incluída no PDI deste curso e unha arte de dificil acceso nunha vila pequena como a nosa e non podiamos perder a oportunidade que nos brindou a celebración do Día da Danza no veciño concello de Narón.

Desprazamonos ao Pazo de Cultura de Narón para presenciar o espectáculo de danza contemporánea GAIA, nun pase  especial para os colexios  por mor desta conmemoración.

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa.

É unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais.

É un encontro didáctico co que entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente."

O Pazo estaba cheo de xente miúda que nos pestanexou mentres presenciaban o desenvolvemento da obra. Voltamos encantados! 


Unhas imaxes para o recordo:


Ningún comentario:

Publicar un comentario