
Visualizacións de páxina totais
luns, 31 de xaneiro de 2022
Novos temas, novas actividades!

xoves, 27 de xaneiro de 2022
Día da Paz
O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" fundado en 1964. Celébrase o 30 de xaneiro e é unha iniciativa pioneira, non estatal, non gobernamental, non oficial, independente, libre e voluntaria de Educación Non violenta e Pacificadora, practicada xa en escolas de todo o mundo e á que están convidados a participar os centros educativos de todos os países.
É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).
Celébrase con motivo do aniversario da morte de de Mahatma Gandhi, o home da “alma grande”, que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, fixésese realidade.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación dos indios (hindús). Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar a millóns de hindús.
PREME! |
luns, 24 de xaneiro de 2022
Club de Lectura: "A folla azul", Andrea MACEIRAS.
Imos comezar o Club de Lectura informándonos sobre a autora do libro que imos ler, Andrea Maceiras, e tamén do que era nos quere transmitir co seu libro " A folla azul". Ademais imos presentarvos a Amazonia, ambiente no que se desenvolve a obra, no que nos imos mergullar semana tras semana.
Biografía da autora. |
Preme e escoita o que nos di a autora sobre o libro. |
martes, 18 de xaneiro de 2022
Visita á exposición de arte solidaria
Unha galería de arte ou museo de arte é un espazo para a exhibición e promoción da arte , en especial da arte visual, e principalmente pintura e escultura, de forma similar a un museo.
As galerías de arte contemporánea realizan dúas clases de mostras: individuais e colectivas. Nas individuais os traballos dun só artista son exhibidas ao público. Nas colectivas, varios artistas presentan á vez un ou varios dos seus traballos segundo o tamaño da galería.
A exposición que imos visitar na Casa da Cultura de Pontedeume é de tipo colectivo xa que se expoñen cadros de distintos autores. Moitos dos artistas teñen algún vínculo coa síndrome “Angelman”. A temática desta exposición xira encol desta síndrome.
A síndrome de Angelman é un trastorno neurolóxico, de orixe xenética. A idade máis común de diagnóstico está entre os 2 e os 5 anos. Padéceno 1 de cada 15.000 nenos.
Algunhas das características son:
• Atraso no desenvolvemento, do movemento e do equilibrio.
• Son nenos que presentan unha risa ou sorriso frecuente.
• Problemas na fala.
• Pode presentar crise convulsivas (epilepsia).
Na exposición veremos unha vintena de obras, 3 delas son fotografías o resto pinturas utilizando diferentes técnicas.
Cada un dos cadros ten a un dos seus lados unha ficha técnica sobre a obra, este debe incluír:
• Nome do autor ou autora.
• Título da obra.
• Tamaño
• Ano en que se realizou.
Para observar unha exposición dunha forma adecuada, deberemos cumprir uns requisitos:
• Non ter présa, dedicarlle un intre a observar o cadro, mesmo desde distintas distancias e ángulos.
• Recoméndase manter unha distancia prudencial coas obras de arte.
• Reflexionar sobre o que nos fai sentir cada cadro.
• Ler as cartelas e os folletos, pódennos dar pistas útiles para entender ou gozar todo o que nos ofrece o artista.
• Levar un caderno para apuntar todo o que nos chame a atención.
"Eu creo que un mira os cadros coa esperanza de descubrir un segredo. Non un segredo sobre a arte, senón sobre a vida. E si o descobres, seguirá sendo un segredo, porque despois de todo, non se pode traducir a palabras. Coas palabras o único que se pode facer é trazar a man, un tosco mapa para chegar ao segredo"
John Berguer.
Agardamos pasar unha boa mañá e que a mostra sexa do voso gusto e así poder coñecer xunt@s outras exposicións de arte!
martes, 4 de xaneiro de 2022
Comeza o 2º trimestre
CC. NN.
Conjunto de Fichas creado con GoConqr por Ana Martínez
Preme e repasa! |
Podes facer coa axuda dun adulto un circuíto eléctrico. Cando o fagas podes traelo a clase. Olla este vídeo que che axudará.
CC. SS.
Lingua Castelá e Literatura:
Continuamos coa tarefa do PDI xa iniciada o trimestre pasado sobre os
cadros impresionistas. Unha pintura é unha obra "aberta", non só é a
expresión do artista senón que continúa coa mirada do que contempla a pintura. A súa percepción e as súas sensacións "pechan" a obra.
Xa expresamos as nosas sensacións e escribimos sobre elo, agora imos un pouco
máis aló e imos inventar historias que puideran pasar ás personaxes dos cadros
con que estamos a traballar apoiándonos nos seguintes recursos:
-
Este ano van ser unhas festas diferentes, non teremos festival mais si teremos actuación, que gravaremos o venres 18 e unha despedida chea ...
-
Un ano máis o alumnado de sexto preséntanos ao persoeiro ao que se lle adican as Letras Galegas: Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Achegár...
-
Logo de documerntarnos en diversas fontes (Exposición, bibliografía, videoconferencia,...) xa temos dúas páxinas para o album ilustrado que...