Visualizacións de páxina totais
domingo, 25 de outubro de 2020
VIDEO SOBRE O USO DA PLATAFORMA WEBEX
Aquí deixámosvos un vídeo sobre o uso da plataforma Webex, que vos pode interesar para a reunión do martes.
Coñecendo a historia da vila
O pasado luns 19 de outubro visitamos a exposición " Pontedeume, 750 anos construíndo historia" convidados polo Concello e animados pola mensaxe de Güino e o encargo de facer un album ilustrado sobre Pontedeume dentro do proxecto documental deste curso: "Pontedeume, a nosa vila".
Mais á saída ao patio aínda nos agardaban dúas grandes sorpresas: o porco bravo e o oso, símbolos dos Andrade pero moi anteriores a eles, da época celta!
xoves, 22 de outubro de 2020
Pontedeume en 10 furcos
Vimos de realizar unha actividade para coñecer mellor a nosa vila, que centra o proxecto deste curso.
Logo de coñecer o luns na visita á exposición polo 750 aniversario de Pontedeume como vila moito da súa historia( Pronto colgaremos os traballos realizados),
hoxe percorremos unha lonxitude aproximada de 10 furcos (1330 m.) cunha xincana na que transformamos o itinerario que moitos e moitas percorremos para ir á escola nun xogo de 10 probas que nos axudou a coñecer os camiños á escola dentro do proxecto do Concello " Abrindo camiños".
![]() |
Realizamos probas deportivas, de enxeño, coñecementos, habilidades e outras destrezas. Fixémolas, por seguridade, nos grupos burbulla que xa temos dentro das aulas, e o tempo acompañounos case ata o final.
Foi unha boa mañá ao aire libre coñecendo un pouco máis "Pontedeume, a nosa vila".
Aquí vos deixamos unha videomontaxe para o recordo.
martes, 6 de outubro de 2020
Practica nestas actividades:
Para reforzar o Tema 1 de mates:
-
Este ano van ser unhas festas diferentes, non teremos festival mais si teremos actuación, que gravaremos o venres 18 e unha despedida chea ...
-
Un ano máis o alumnado de sexto preséntanos ao persoeiro ao que se lle adican as Letras Galegas: Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Achegár...
-
Logo de documerntarnos en diversas fontes (Exposición, bibliografía, videoconferencia,...) xa temos dúas páxinas para o album ilustrado que...