Xa estamos no 2021! Oxalá sexa un bo ano para tod@s e coas medidas de seguridade ante o COVID e as vacinas poidamos voltar a ter unha escola máis próxima e relaxada, con máis actividades en grupo, celebracións e patios compartidos con outros cursos, etc.
Aquí vos deixamos actividades interactivas para reforzar o traballado nos libros de texto nos temas correspondentes á 1ª quincena deste trimestre.
CC. Naturais:
Animais Invertebrados.
Agora variass ligazóns sobre o Tema 2 de Sociais que comezaremos xa vistos os temas de historia no trimestre pasado.
Coñece os países e a súa localización. Mira o mapa, preme e xoga.
Aprende máis sobre a localización e das coordenadas xeográficas.
Información sobre a REPRESENTACIÓN DA TERRA.
Castelán e Galego comezamos o Tema 4.
Reforzade os coñecentos nestas actividades:
Mejora tu ortografía leyendo esta "Lista de palabras homófonas"
LEMBRADE!!!
- Nesta quincena xa tedes que ter escollido o libro para o traballo literario (T. L.) do trimestre. O libro será en castelán e debedes traelo á clase para que o poidamos revisar e anotar. A data límite de entrega será o 15 de marzo. As normas a seguir tédelas no T. L. do 1º trimestre, todo igual agás o idioma , no 1º trimestre era o galego e agora o castelán. Non é preciso que merquedes o libro podedes pedilo emprestado na nosa biblioteca ou na municipal. Tamén vale algún que teñades na casa sen ler, recordade que debe ser en castelán e acorde á vosa idade e intereses.
- Achegar á escola o libro para o club de lectores de 5º, está nas recomendacións lectoras de Güino para o Nadal ( A señorita Blume. L. COSTAS. Xerais)
Ningún comentario:
Publicar un comentario