Visualizacións de páxina totais

martes, 26 de xaneiro de 2021

 VIDEO PARA FACER UNHA GRÚA, SÍMBOLO DA PAZ

 

Hoxe día 29 imos conmemorar o "Día da PAZ" 

Imos practicar cun pouco de origami.  Anímate!!!!!!!

          Hoxe festexamos o Día da Paz na escola:

·         O Programa Mundial de Alimentos da ONU foi elixido gañador  do Premio Nobel da Paz 2020, polos seus esforzos en combater a fame no mundo e, especialmente, en zonas de conflito, "evitando o uso da fame como unha arma de guerra"e nós mesmo ao chegarem depositamos nas caixas do Banco de Alimentos do Banco de Alimentos Rías Altas a nosa doazón, actividade solidaria común a todo o Centro.

 

                  

 

·         Logo na clase realizamos grúas de papel e pendurámolas nas fiestras. A lenda xaponesa conta que quen logre unir 1.000 grúas de papel con fíos verá cumprido un desexo. Fixéronse populares como símbolo de paz tras a Segunda Guerra Mundial e hoxe retomamos esta tradición as nenas e nenos de 5º de E.P.

 

  

 

·         Adicamos un tempo da lectura diaria ao conto “Gilgamesh i Enkidú”, que nos  falaba da loita dun país da antiga  Mesopotamia para conquerir a paz.

·         E por último, previo traballo de documentación, celebramos o esperado debate: É preciso o Día da Paz?

                              Aquí vos deixamos unas imaxes para o recordo!







 

Ningún comentario:

Publicar un comentario