Logo de documerntarnos en diversas fontes (Exposición, bibliografía, videoconferencia,...) xa temos dúas páxinas para o album ilustrado que nos encargou Güino a 5º e a 6º. Comezamos coa heráldica e o século XIII pois aproveitamos a información transmitida por Silvia, a guía turística do Concello, na última charla.
Pronto retomaremos as saídas para pescudar no medio, pois a situación sanitaria xa nolo permite. Visitaremos os restos que quedan do Pontedeume medieval e faremos as páxinas correspondentes. Precisaremos para a visita as tabletas, o caderno e boli e toda a vosa atención, serán se o tempo o permite o mércores 10 5º B e o venres 12, 5ºA.
Parabéns! O libro está a coller forma e ten moi boa pinta.
Ánimo axiña teremos o libro para amosarlle a grandes e pequenos a historia da nosa vila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario