Cando a situación do COVID en Pontedeume nolo permitiu retomamos as saídas ao medio. Coa axuda de Silvia, a guía turística do concello, percorrimos as rúas de Pontedeume na procura dos restos medievais e das pegadas dos Andrade na nosa vila.
Á volta 5º B elaborou as páxinas correspondentes ao comezo da nosa historia como vila: a carta poboa e a morfoloxía inicial da nosa localidade, que ao ser creada "ex novo" aínda hoxe conserva as características propias dunha vila medieval no noso casco histórico.
Mentres 5ºA centraban o seu traballo nos Andrade, o seu inmenso poder político e económico no pasado eumés e os acontecementos principais da súa época. Observaron os restos das súas obras na nosa vila, achegáronse ao coñecemneto das Revoltas Irmandiñas,...
Agardamos no terceiro trimestre, facer a portada, introdución, indice... Incluindo as páxinas de 6º, pois o noso libro é un traballo colaborativo do 3º ciclo.
Así agardamos entre os catro cursos ter rematado o album ilustrado da historia de Pontedeume para achegar a todas as nenas, nenos, profesorado e familias o noso pasado como vila dun xeito sinxelo e asequible tanto aos maiores como aos pequenos e pequenas da escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario