Vimos de rematar o Club de Lectura co encontro coa escritora do libro que achegounos á selva amazónica, ás súas tribos e aos problemas medioambientais.
Biografía da autora. |
Ao comezo do club informámonos sobre a autora do libro, Andrea Maceiras, e tamén do que era nos quixo transmitir co seu libro " A folla azul". Ademais tivemos información sobre o ambiente no que se desenvolve a obra, no que nos mergullamos semana tras semana dende xaneiro ata onte.
Fixemos lectura en alto, repartímonos as personaxes do libro para facer lecturas dramatizadas, reflexionamos sobre o contido, elaboramos as nosas propias ilustracións...E por fin chegamos ao final do libro con opinións enfrontadas sobre o tipo de desenlace escollido pola autora.
Preme e escoita o que nos di a autora sobre o libro. |
Como colofón ao club tivemos unha xornada coa autora onde ela aportounos o por que e o como do seu libro e detalles previos á escrita do texto así como a posibilidade dunha segunda parte . Tamén houbo tempo para compartir as nosas reflexións e preguntarlle as nosas dúbidas.
Deixámosvos imaxes do encontro e conservamos tamén a información previa e máis recente da súa vida e obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario