Ben está o que ben acaba! Feliz verán e que a sorte vos atope traballando na ESO!
Aquí quedan as vosas últimas videomontaxes do paso polo Couceiro:
Ben está o que ben acaba! Feliz verán e que a sorte vos atope traballando na ESO!
Aquí quedan as vosas últimas videomontaxes do paso polo Couceiro:
Xa estamos ben preto do verán e das vacacións!
Por fin a pandemia deixounos saír e mesturarnos, sen tempo non era!!
E despedímonos do cole con actividades festivas:
Visitamos a exposición da Alameda sobre a Casa de Rosalía:
Co fin de curso chegan sempre as recomendacións lectoras: Güino e o equipo da biblioteca escolleron as recomendacións para ler na praia, os días de choiva e sempre, sempre anter de adormecer!
Podedes botarlles un ollo na nosa biblioteca e logo escoller algún para ler no verán!
No último documento poderedes atopar máis información se premedes nas imaxes das portadas dos libros.
Hoxe chega ao noso cole Timur, el vén de Ucraina.
Сегодня к нам в школу приезжает Тимур, он из Украины.
Nós vivimos ao noroeste de España, en Galicia. Timur vivía en Ucraina, no leste.
Мы живем на северо-западе Испании, в Галисии. Тимур жил на востоке Украины.
Este é o mapa de Ucraína e o de Galicia. Imos ensinarlle a Timur onde está Pontedeume, el indicaranos onde está a súa cidade no mapa de Ucraina.
Это карта Украины и Галиции. Давайте покажем Тимуру, где находится Понтедем, он покажет нам, где его город на карте Украины.
Vén a pasar os últimos días do curso.
Проходят последние дни курса.
Mañá virás con nós a facer piragüismo.
Завтра ты поедешь с нами на каноэ.
Hoxe iremos ao centro da vila a ver unha exposición sobre Rosalía de Castro, a máis grande das escritoras galegas. Así poderás coñecer un pouco de Pontedeume e a todos nós.
Сегодня мы отправимся в центр города, чтобы увидеть выставку Розалии де Кастро, величайшей из галисийских писательниц. Таким образом, вы сможете немного узнать о Понтедеме и обо всех нас.
Desexamos pasar xuntos un bo fin de curso!
Мы с нетерпением ждем отличного конца года вместе!
Achégase o "Fin de Curso" e , por fin, o protocolo permítenos abrir as portas ás familias.
Este ano a actividade das nosas aulas xirou arredor das artes e parte dos produtos finais expoñeranse na entrada do centro. Outras actividades non deixaron pegada gráfica e outras as tedes recollidas neste blog.
Un ano máis o alumnado de sexto preséntanos ao persoeiro ao que se lle adican as Letras Galegas: Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
Achegáronos este vídeo sobre a súa vida e obra realizado polo CEIP de Seixalbo que vale para todo o alumnado dende os máis pequerrechos ata á rapazada de sexto.
En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como Día Internacional da Danza. A data escollida corresponde ao natalicio do bailarín e coreógrafo Jean- Georges Noverre.
O obxectivo do Día Internacional da Danza é homenaxear á danza como unha disciplina de arte universal e diversa, reunindo a todos os que elixiron esta forma de expresión sen barreiras culturais, políticas e éticas.
A danza unha das artes incluída no PDI deste curso e unha arte de dificil acceso nunha vila pequena como a nosa e non podiamos perder a oportunidade que nos brindou a celebración do Día da Danza no veciño concello de Narón.
Desprazamonos ao Pazo de Cultura de Narón para presenciar o espectáculo de danza contemporánea GAIA, nun pase especial para os colexios por mor desta conmemoración.
Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa.
É unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais.
É un encontro didáctico co que entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente."
O Pazo estaba cheo de xente miúda que nos pestanexou mentres presenciaban o desenvolvemento da obra. Voltamos encantados!
Unhas imaxes para o recordo:
Practicade na casa a cantiga para acompañar o noso maio. Cantarémola mentres facemos o venres o maio e tamén os que o domingo vaiamos ao concurso do concello.
“ O Maio”
Para facer este maio tivemos que ir a roubar
o fiúncho e máis as flores a casa de Ferradás.
O fiúncho e máis as flores a casa de Ferradás,
para facer este maio tivemos que ir a roubar.
Ai la la la la, ai lalelo ai lalá.
Para facer este maio tivemos que ir a roubar
Aí vén o maio por detrás de San Francisco
Aí vén o maio cargadiño de penisco.
Aí vén o maio pola rúa do convento.
Aí vén o maio de roubar o monumento.