Visualizacións de páxina totais

mércores, 9 de febreiro de 2022

Día do AMOR e da AMIZADE

 O Día de San Valentín é unha celebración do 14 de febreiro tradicional de países anglosaxóns que se foi implantando noutros países ao longo do século  XX. En todo o mundo coñécese polas mostras de amor e agarimo entre parellas de namorados, pero tamén entre familiares e amigos. Preme na imaxe e verás como se festexa en diferentes países e coñecerás as raíces cristiás da festa.


Neste vídeo verás a orixe da mitoloxía clásica:



Agora que xa sabemos algo máis desta data onde se celebra o amor e a amizade imos facer na clase unha actividade que xa seguro coñecedes o xogo do AMIGO INVISIBLE.  O amigo invisible é un xogo moi popular no que participan varias persoas que se fan agasallos entre si sen saber quen foi o que fixo cada agasallo.

Os amigos secretos enviarán cartas aos seus correspondentes amigos. Nestas cartas expresan o que senten e pensan acerca do seu compañeiro de xogo e á vez comentan sempre algo deles mesmos.

Faremos o sorteo de amigos e durante o venres traballaremos en castelán na redacción de cartas. Logo pasaremolas a unhas tarxetas coas que agasallaremos á nosa amiga ou amigo o luns, 14 de febreiro.

Estas misivas serán para expresar a vosa amizade, atoparedes as palabras que ás veces nos faltan para escribir esas cartas especiais nesta ligazón. Dedicádelle unhas liñas ao voso amigo ou amiga tomando, se queredes, como referencia as cartas de amizade do enlace anterior ou, directamente, o que vos inspire a amizade dos compañeiros e compañeiras da clase que vos tocaran.
Coidade o vocabulario, a ortografía e a presentación. É un agasallo!




CHEGOU O DÍA!! Que ben feitas todas as cartas e que bonitos agasallos! Gardádeos, serán un bonito recordo para lembrar este San Valentín no futuro!
Aquí vos deixamos unha vídeo montaxe para que poidades reler todas as cartas de amistade coas que celebramos este ano o Día dos Namorados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario