O Entroido vístese de ARTE, e xa queda pouco para preparar o noso disfraz!
Dentro do PDI imos centrarnos agora no século XX e achegaremonos a figuras do noso país. Axiña, agora que parece que o COVID nolo permite, sairemos para visitar museos, á volta do Entroido iremos a A Coruña, mentres imos pescudar na rede...
Xa vimos no século XIX o impresionism que é o é un estilo pictórico que se orixina en Francia, na segunda metade do século XIX. Caracterízase pola súa persistente experimentación coa iluminación . O manexo da luz considérase como un factor crucial para alcanzar beleza e balance na pintura.
No século XX vemos a través de Miró o surrealismo, este caracterízase por facer representacións do inconsciente, de fantasías e de soños, así como da irracionalidade. Tamén veremos o cubismo, tanto con Miró como con Picasso, Menudo contraste, que cambios dun século ao seguinte, veredes!!!
Imos comezar con Miró, posto que vai ser o pintor que vai centrar o noso traballo para carnaval.
Unha pequena biografía e unha sinxela análise da súa obra:
Fai click! |
Aquí podedes ver o disfrace realizado con 4 pinturas diferentes do autor traballado en sexto.
O venres desfilamos polo cole con moita marcha, á volta de vacacións viremos de loito para despedir o Entroido cantando o Xa morreu! detrás do cadaleito na Queima do Antroido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario