Visualizacións de páxina totais

martes, 18 de xaneiro de 2022

Visita á exposición de arte solidaria


Unha galería de arte ou museo de arte é un espazo para a exhibición e promoción da arte , en especial da arte visual, e principalmente pintura e escultura, de forma similar a un museo.

As galerías de arte contemporánea realizan dúas clases de mostras: individuais e colectivas. Nas individuais os traballos dun só artista son exhibidas ao público. Nas colectivas, varios artistas presentan á vez un ou varios dos seus traballos segundo o tamaño da galería.

A exposición que imos visitar na Casa da Cultura de Pontedeume é de tipo colectivo xa que se expoñen cadros de distintos autores. Moitos dos artistas teñen algún vínculo coa síndrome “Angelman”. A temática desta exposición xira encol desta síndrome.

A síndrome de Angelman é un trastorno neurolóxico, de orixe xenética. A idade máis común de diagnóstico está entre os 2 e os 5 anos. Padéceno 1 de cada 15.000 nenos.

Algunhas das características son:

• Atraso no desenvolvemento, do movemento e do equilibrio.

• Son nenos que presentan unha risa ou sorriso frecuente.

• Problemas na fala.

• Pode presentar crise convulsivas (epilepsia).


Na exposición veremos unha vintena de obras, 3 delas son fotografías o resto pinturas utilizando diferentes técnicas. 

Cada un dos cadros ten a un dos seus lados unha ficha técnica sobre a obra, este debe  incluír: 

• Nome do autor ou autora.

• Título da obra.

• Técnica utilizada no cadro.

• Tamaño

• Ano en que se realizou.


Para observar unha exposición dunha forma adecuada, deberemos cumprir uns requisitos:



• Non ter présa, dedicarlle un intre a observar o cadro, mesmo desde distintas distancias e ángulos.

• Recoméndase manter unha distancia prudencial coas obras de arte.

• Reflexionar sobre o que nos fai sentir cada cadro.

• Ler as cartelas e os folletos, pódennos dar pistas útiles para entender ou gozar todo o que nos ofrece o artista. 

• Levar un caderno para apuntar todo o que nos chame a atención.

"Eu creo que un mira os cadros coa esperanza de descubrir un segredo. Non un segredo sobre a arte, senón sobre a vida. E si o descobres, seguirá sendo un segredo, porque despois de todo, non se pode traducir a palabras. Coas palabras o único que se pode facer é trazar a man, un tosco mapa para chegar ao segredo"

John Berguer. 

Agardamos pasar unha boa mañá e que a mostra sexa do voso gusto e así poder coñecer xunt@s outras exposicións de arte!



martes, 4 de xaneiro de 2022

Comeza o 2º trimestre

 CC. NN. 


Conjunto de Fichas creado con GoConqr por Ana Martínez








Preme e repasa!

 

 Podes facer coa axuda dun adulto un circuíto eléctrico. Cando o fagas podes traelo a clase. Olla este vídeo que che axudará.

 


 

 

 

 

 

CC. SS.







Reflexionemos sobre a realidade do mundo e as súas consecuencias:



Lingua Castelá e Literatura:

Continuamos coa tarefa do PDI xa iniciada o trimestre pasado sobre os cadros impresionistas. Unha pintura é unha obra "aberta", non só é a expresión do artista senón que continúa coa mirada do que contempla a pintura. A súa percepción e as súas sensacións "pechan" a obra. 

Xa expresamos as nosas sensacións e escribimos sobre elo, agora imos un pouco máis aló e imos inventar historias que puideran pasar ás personaxes dos cadros con que estamos a traballar apoiándonos nos seguintes recursos:




É o momento de empezar a escribir a túa historia teniendo en conta o  anterior e os elementos e estrutura dunha narración estudados en Castelán, lémbrao nestas imaxes:




Mira ejemplos de narraciones sobre pinturas :


Lingua galega e literatura:
Practica nas palabras HOMÓFONAS nos exercicos 7 e 10.
Aquí vos deixamos unha presentación para reforzar o ADXECTIVO.
Xa estudamos o acento diacrítico, agora imos parcticar nos seguintes exercicios.

Matemáticas:
Logo de repasar o explicado na aula podedes practicar os números enteros e as súas operacións (as potencias, non) nas seguintes ligazóns  "Suma de enteros", "Resta de enteros", " Ejercicios interactivos con números enteros" e  "Juegos con números enteros"

martes, 21 de decembro de 2021

Bo Nadal!

 Queremos despedir o trimestre con este vídeo no que participou todo alumnado do centro, profesorado e outros membros do comunidade educativa.  

 





                                                              



Os nosos mellores desexos para estas festas e un feliz e próspero 2022. 

Volvemos o luns 10 de xaneiro. 

Bo Nadal e feliz Aninovo!

sábado, 18 de decembro de 2021

O cínema, a 7ª arte

 

Chámase cinema, cine  ou cinematografía á tecnoloxía que reproduce fotogramas de forma rápida e sucesiva creando a chamada “ilusión de movemento”, é dicir, a percepción visual de que se asiste a imaxes que se moven. Tamén se lle di cinema ao edificio ou sala onde se proxectan as películas. 

Este curso dentro de +Arte imos tratar a 7ª arte, o cine. Antes de ver unha película imos informarnos un pouco de ideas xerais sobre o cinema:



A súa historia, curta comparada coa das outras artes:



Os elementos principais:



O cine como todas as artes ten a súa propia linguaxe.  As imaxes compoñen así unha nova forma de contar as cousas, de facer narracións e de expresar mensaxes.





 O cinema é un instrumento de comunicación de masas porque chega a todo o mundo, e de comunicación social porque nos axuda a coñecer mellor a nosa contorna, e a vivir coma se fosen propios os sentimentos e valores doutras persoas. 

En grupo fixemos traballos sobre o cínema, elexindo cada grupo os diferentes aspectos a tratar. Expuxémolos ao resto da clase e colgámolos no corredor para que tod@s poidamos informarnos.








A primeira película que imos tratar este curso é "El bosque animado" ( J.L.Cuerda). Este filme está baseado na novela escrita por Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964) sobre a vida nos bosques de Galicia. Esta novela é unha das máis poéticas e sensibles do famoso escritor e xornalista galego. A novela foi coñecida, desde que se publicou en 1943, como unha obra fundamental da literatura española. Grazas a ela viaxaremos ao século pasado e a un bosque veciño, a fraga de Cecebre.



Para saber un pouco daqueles tempos:



Preme AQUÍ para ter máis información.

Despois de ver a pelécula e de realizar unn coloquio sobre a mesma cumplimentamos a ficha onde demos a nosa opinión contestando a diferentes preguntas.



xoves, 16 de decembro de 2021

PDI +ARTE 1º Trimestre

 A comezos de curso para desenvolver  o Proxecto Documental Integrado sobre o que ía xirar a actividade das aulas atopámonos con  tres propostas ben atractivas : "O  Camiño de Santiago", "O Cinema e a Televisión" e "A Arte na Escola".

Xa dende o primeiro día comezamos coas pescudas sobre as distintas suxestións  e logo de estar ben informados e informadas votamos...













Saiu escollida a terceira opción ARTE ( PDI  + ARTE)



Nas nosas aulas xa fixeramos unha saída cultural para observar a paisaxe costeira da nosa contorna. Ao termos centrado en observar ás árbores  decidimos que tamén o PDI podía traballar as diferentes artes e a pegada que a natureza deixou nelas, comezando polas árbores a través da pintura, literatura,cine...




Vendo o cartaz do PDI elaborado pola biblioteca, fixemos os nosos propios carteis cos "eslogans" da nosa temática, utilizando a ferramenta "tucs paint" nos  nosos ordenadores persoais. Xuntandoos todos elaboramos un gran mural co nome do proxecto que nos servirá, ademais,  para expoñer parte dos nosos traballos.








O Día en contra da Violencia Machista  construimos entre todos e todas unha simbólica árbore empoderando o respecto e os valores cívicos.


Ao longo do trimestre e a través de  3 pintores impresionistas: Pissarro, Monet, e Sargent, e do modernista Klimt estamos a elaborar catro  cadernos en cada clase. Cada grupo (4, 5 ou 6 compoñentes) analiza o artista, a súa obra e época, o uso da cor e tamén a partir da observación do cadro escollido en cada caso no 2º trimestre  crearemos pequenas obras literarias traballando tanto o xénero dramático como a prosa  e a lírica. E nos achegaremos a eses dous movementos artísticos noutras artes:

Ao remate desta tarefa teremos en cada aula catro albumes sobre os autores e a súa obra que depositaremos na biblioteca logo de presentala ao resto da escola.







 





E chegou o tempo de nadal e  nas nosas aulas estudamos a abstracción pictórica. Inspirándonos na técnica xeométrica utilizada polos autores dese movemento, adornamos as portas das aulas.










Logo fixemos as nadaliñas para felicitar ás nosas familias e amizades utilizando a mesma técnica para decoralas.









E así chegamos a remates do trimestre adicándoo ao cine e iniciando o coñecemento desa arte co filme 
"O bosque animado". Xa vos contaremos!




Unicamente nos queda desexarvos... Un Nadal ben artístico!!!

martes, 7 de decembro de 2021

Nadal

Este Nadal imos facer unha árbore ben artística, como se merece o noso PDI.


Para facer o abeto primeiramente  imos coñecer a abstracción xeométrica para utilizala na nosa árbore. Tamén nos podemos informar ollando este vídeosobre a arte abstracta.  


Ou estoutro sobre Mondrian, un representante deste movemento artístico.

E logo de  informarnos comporemos un abeto cheo de liñas e cores. Ánimo decorade o voso triángulo, xuntándoos comporemos o noso abeto para a porta da aula! Podedes inspirarvos premendo  AQUÍ

Agora que xa fixemos en grupo unha árbore ben grande e fermosa, imos facer cada un para a súa nadaliña outro abeto tamén utilizando a mesma técnica baseada na arte ábstracta xeométrica. No interior pegaremoa a nosa felicitación para estas festas . 

Aquí vos deixamos un guión que vos pode axudar na redacción:



 Mirade este vídeo para decorar de inverno as ventás da nosa clase, da biblioteca, da casa...



Veña, a pasalo ben mentres poñemos ben bonita a aula!

Este curso, e xa van dous, non poderemos facer festival de Nadal por mor da pandemia. Pero facermos entre todos e todas as persoas do centro un lipdup, unha forma diferente de achegarnos ao Nadal na nosa escola ao tempo que practicamos unha nova maneira de facer arte... Para saber de que vai esta manifestación artística premede na imaxe

A nós tocounos parte de  dúas cantigas: unha panxoliña en galego e un villancico en español, preparemos "atrezzo" e bailes!!