Visualizacións de páxina totais

mércores, 16 de marzo de 2022

Andrea Maceiras falounos da "Folla azul"

Vimos de rematar o Club de Lectura co encontro coa escritora do libro que achegounos á selva amazónica, ás súas tribos e aos problemas medioambientais.

Biografía da autora.

 Ao comezo do club informámonos  sobre a autora do libro, Andrea Maceiras, e tamén do que era nos quixo transmitir co seu libro " A folla azul". Ademais tivemos información sobre o ambiente no que se desenvolve a obra, no que nos  mergullamos semana tras semana dende xaneiro ata onte.

Fixemos lectura en alto, repartímonos as personaxes do libro para facer lecturas dramatizadas, reflexionamos sobre o contido, elaboramos as nosas propias ilustracións...E por fin chegamos ao final do libro con opinións enfrontadas sobre o tipo de desenlace escollido pola autora.

Preme e escoita o que nos di a autora sobre o libro.

Como colofón ao club tivemos unha xornada coa autora onde ela aportounos o por que e o como do seu libro e detalles previos á escrita do texto así como a posibilidade dunha segunda parte . Tamén houbo tempo  para compartir as nosas reflexións e preguntarlle as nosas dúbidas.

Deixámosvos imaxes do encontro e conservamos tamén a información previa e máis recente da súa vida e obra.









E o seu último premio, a piques de saír do prelo!
 
Última obra!

 

domingo, 13 de febreiro de 2022

Joan Miró


 O Entroido vístese de ARTE, e xa queda pouco para preparar o noso disfraz!

Dentro do PDI imos centrarnos agora no século XX e achegaremonos a figuras do noso país. Axiña, agora que parece que o COVID nolo permite, sairemos para visitar museos, á volta do Entroido iremos a A Coruña, mentres imos pescudar na rede...

Xa vimos no século XIX o impresionism que é o é un estilo pictórico que se orixina en Francia, na segunda metade do século  XIX. Caracterízase pola súa persistente experimentación coa iluminación . O manexo da luz considérase como un factor crucial para alcanzar beleza e balance na pintura.

No século XX vemos a través de Miró o surrealismo, este  caracterízase por facer representacións do inconsciente, de fantasías e de soños, así como da irracionalidade. Tamén veremos o cubismo, tanto con Miró como con Picasso, Menudo contraste, que cambios dun século ao seguinte, veredes!!!


 Imos comezar con Miró, posto que vai ser o pintor que vai centrar o noso traballo para carnaval.

Unha pequena biografía e unha sinxela análise da súa obra:







A súa obra:



Fai click!






Logo de coñecer a Miró escolleremos uns dos seus cadros despois de estudalo dun xeito máis preciso, analizando a súa técnica, a etapa, estilo, a súa cor, etc. farémolo ben grande para que protagonice o noso distraz.

Mural coa análise das cores e elementros na obra de Miró:


Aquí podedes ver o disfrace realizado con 4 pinturas diferentes do autor traballado en sexto. 



 O venres desfilamos polo cole con moita marcha, á volta de vacacións viremos de loito para despedir o Entroido cantando o Xa morreu! detrás do cadaleito na Queima do Antroido.









mércores, 9 de febreiro de 2022

Día do AMOR e da AMIZADE

 O Día de San Valentín é unha celebración do 14 de febreiro tradicional de países anglosaxóns que se foi implantando noutros países ao longo do século  XX. En todo o mundo coñécese polas mostras de amor e agarimo entre parellas de namorados, pero tamén entre familiares e amigos. Preme na imaxe e verás como se festexa en diferentes países e coñecerás as raíces cristiás da festa.


Neste vídeo verás a orixe da mitoloxía clásica:



Agora que xa sabemos algo máis desta data onde se celebra o amor e a amizade imos facer na clase unha actividade que xa seguro coñecedes o xogo do AMIGO INVISIBLE.  O amigo invisible é un xogo moi popular no que participan varias persoas que se fan agasallos entre si sen saber quen foi o que fixo cada agasallo.

Os amigos secretos enviarán cartas aos seus correspondentes amigos. Nestas cartas expresan o que senten e pensan acerca do seu compañeiro de xogo e á vez comentan sempre algo deles mesmos.

Faremos o sorteo de amigos e durante o venres traballaremos en castelán na redacción de cartas. Logo pasaremolas a unhas tarxetas coas que agasallaremos á nosa amiga ou amigo o luns, 14 de febreiro.

Estas misivas serán para expresar a vosa amizade, atoparedes as palabras que ás veces nos faltan para escribir esas cartas especiais nesta ligazón. Dedicádelle unhas liñas ao voso amigo ou amiga tomando, se queredes, como referencia as cartas de amizade do enlace anterior ou, directamente, o que vos inspire a amizade dos compañeiros e compañeiras da clase que vos tocaran.
Coidade o vocabulario, a ortografía e a presentación. É un agasallo!




CHEGOU O DÍA!! Que ben feitas todas as cartas e que bonitos agasallos! Gardádeos, serán un bonito recordo para lembrar este San Valentín no futuro!
Aquí vos deixamos unha vídeo montaxe para que poidades reler todas as cartas de amistade coas que celebramos este ano o Día dos Namorados.

xoves, 27 de xaneiro de 2022

Día da Paz

 O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz"  fundado en 1964. Celébrase o 30 de xaneiro e é unha iniciativa pioneira, non estatal, non gobernamental, non oficial, independente, libre e voluntaria de Educación Non violenta e  Pacificadora, practicada xa en escolas de todo o mundo e á que están convidados a participar os centros educativos de todos os países.

 É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).


Logo de ver o contido desta entrada reflexionaremos en grupo sobre esta conmemoración e seleccionaredes  o que consideredes máis importante para que quede no voso traballo escrito, un cartel de cada grupo.

 Celébrase con motivo do aniversario da morte de de  Mahatma  Gandhi, o home da “alma grande”, que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, fixésese realidade. 

Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación dos indios (hindús). Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar   a millóns de hindús.


VIVIMOS EN PAZ?

Nestas ligazóns poderedes atopar máis información ao fío  do "Día da non violencia e a Paz"


Logo de ver o contido desta entrada reflexionaremos en grupo sobre esta conmemoración e seleccionaredes  o que consideredes máis importante para que quede no voso traballo escrito, un cartel de cada grupo













A nosa actividade plástica:
Ademais dos posters faremos un gran mural en colaboración con todas as nenas e nenos de E. Primaria.
Esta é a idea:

PREME!








luns, 24 de xaneiro de 2022

Club de Lectura: "A folla azul", Andrea MACEIRAS.

 Imos comezar o Club de Lectura informándonos sobre a autora do libro que imos ler, Andrea Maceiras, e tamén do que era nos quere transmitir co seu libro " A folla azul". Ademais imos presentarvos a Amazonia, ambiente no que se desenvolve a obra,   no que nos imos mergullar semana tras semana.


Biografía da autora.



Preme e escoita o que nos di a autora sobre o libro.




Aquí podes ter máis información sobre a selva amazónica.

Que tal? Ten boa pinta, non é? Pois veña, xa veredes que ben o pasamos compartindo lecturas!!